Ecos de luz de V838 Mon

IDL TIFF file

Créditos da imaxe: NASA, ESA, H. E. Bond (STScI)

Explicación: que causou este estoupido de V838 Mon? Por razóns descoñecidas a superficie da estrela V838 Mon expandiuse de súpeto en xaneiro de 2002, co que se converteu na estrela máis brillante da Vía Láctea toda. Entón, e tamén de súpeto, desvaneceuse. Un resplandore estelar como ese nunca fora ollado antes (as supernovas e as novas expulsan material ao espazo). Se ben o resplandor de V838 Mon semella espulsar material ao espazo, o que se olla na imaxe superior dende o telescopio espacial Hubble é realmente o movemento cara adiante dun eco de luz do brillante resplandor. Nun eco de luz a luz do resplandor é reflectida polos aneis cada vez máis distantes no complexo conxunto de poeira interestelar que xa previamente arrodeaba á estrela. V838 Mon dista uns 20.000 anos luz cara á constelación do unicornio (Monoceros), mentres que o eco de luz abrangue preto de seis anos luz de diámetro.

Texto orixinal no APOD.