O PanSTARRS desde Francia

O PanSTARRS desde Francia
Créditos da imaxe e copyrightJean-Luc Dauvergne

Explicación: aínda andas á procura dese cometa? A aparencia do Cometa PanSTARRS (C/2011 L4) a simple vista no hemisferio setentrional é descrito por observatores de cometas con éxito coma unha estrela débil cunha cola tenue. Se queres captalo os vindeiros días poderían ser a túa mellor aposta. Comeza mirando baixo e case xusto cara o oeste uns 45 minutos tralo solpor. Naturalmente, uns ceos despexados e un par de prismáticos deberían axudar moito. O fotógrafo do ceo Jean-Luc Dauvergne atopou un tempo idóneo e un horizonte oeste para o retrato deste cometa e da Lúa crecente despois dunha viaxe por estrada o 13 de marzo. Ao ollar ao PanSTARRS por primeira vez, gravou a fermosa escena crepuscular cun teleobxectivo preto da histórica Alesia en Francia.

Texto orixinal no APOD.