CME, cometa o planeta Terra

CME, cometa e planeta Terra
Créditos da imaxe: NRL / SECCHI / STEREO / NASA
Procesado – Karl Battams (NRL e @SungrazerComets)Explicación: trala aparición nunha popular e oportuna foto cunha Lúa en crecente preto do solpor, o Cometa PanSTARRS (visible a simple vista) continúa a aparecer nos ceos do hemisferio setentrional. Pero esta extraordinaria perspectiva interplanetaria do 13 de marzo atopa ao cometa posando co noso propio planeta; tal e como se olla desde a sonda espacial STEREO B (de Behind=traseiro). A nave espacial, que segue a órbita da Terra, está case en oposición do Sol e observa atrás cara o cometa e a Terra, co Sol xusto por fóra do lado esquerdo do recadro. Á esquerda hai unha enorme exección de masa coronal (CME) en erupción desde unha rexión solar activa. Naturalmente, a CME, o cometa e o planeta Terra están todos a distancias diferentes desde a nave espacial; (o cometa é o que está máis preto). A imaxe dixital procesada amosa o resultado entre dúas tomas consecutivas feitas pola cámara SECCHI Heliospheric da nave espacial, o que provoca un forte efecto de sombra para os obxectos que se moven entre cada toma. Os obxectos tamén son demasiado brillantes polo que xeran liñas verticais definidas. O procesado desvela as complicadas estruturas con forma de pluma na extensa cola de po do Cometa PanSTARRS.

Texto orixinal no APOD.