Nubes, cometa e Lúa crecente

Nubes, cometa e observatorio
Créditos da imaxe e copyrightBabak Tafreshi (TWAN)Explicación: as nubes, en silueta contra o brillo crepuscular do serán colorido, separan este momento máxico anticipado moito antes. A escena capta a simple vista o Cometa PanSTARRS, mirando de esguello nos ceos do hemisferio setentrional o 12 de marzo. O cometa permanece sobre o horizonte occidental tralo solpor, unido polo fino crecente aplastado dun día trala Lúa nova. Posando para a foto pola súa propia fermosura, a cúpula sutilmente alumeada do Telescopio William Herschel de 4,2 metros está colocado sobre os bancos de nubes da illa canaria de La Palma. Mentres o PanSTARRS non se desenvolveu o bastante no espectacular cometa que se agarda, aínda está a facerse máis doado de ver no norte. Nos vindeiros días ascenderá paseniñamente cara ao norte, afastándose do Sol cara os ceos máis escuros no oeste.

Texto orixinal no APOD.