NGC 6751: a Nebulosa do Ollo Brillante

NGC 6751: a nebulosa do ollo brillante
Créditos da imaxe: Hubble Legacy ArchiveESANASAProcesado – Donald Waid
b>Explicación: as nebulosas planetarias poden parecer sinxelas, redondas e semellantes a planetas con telescopios pequenos. Pero as imaxes do Telescopio Espacial Hubble en órbita chegaron a ser ben coñecidas por amosar estas envolturas de gas fluorescentes de estrellas de tipo solar moribundas que posúen unha variedade abraiante de detalladas simetrías e formas. Esta imaxe en cor composta de NGC 6751 do Hubble, a Nebulosa do Ollo Brillante, é un exemplo fermoso dunha nebulosa planetaria clásica con características complexas. Foi elixida en abril de 2000 para conmemorar o décimo aniversario do Hubble en órbita, pero volveuse a procesar recentemente por un afeccionado como parte do programa do Legado do Hubble. Os ventos e a radiación procedentes da  estrela central, extremadamente quente (140.000 graos Celsius), crearon aparentemente os rasgos con forma de cintas da nebulosa. O diámetro real da nebulosa é aproximadamente de 0,8 anos luz ou unhas 600 veces o tamaño do noso Sistema Solar. NGC 6751 está a 6.500 anos luz de distancia na constelación de altos voos da Aguia (Aquila).

Texto orixinal no APOD.