O xiro dun burato negro supermasivo

blackholedisk_cfa_1056

Créditos da ilustración: Harvard-Smithsonian Center for Astrophysics

Explicación: cánto de rápido pode xirar un burato negro? Se calquera obxecto composto de materia normal xirara demasiado rápido racharía. Pero un burato negro non pode rachar, e a súa velocidade de rotación máxima é descoñecida. O modeol usual dos teóricos rota rápidamente heorists os buratos negros coa solución de Kerr á Teoría Xeral da Relatividade de Einstein, que predice algunhas cousas sorprendentes e inusuais. Quizáis a súa predicción máis fácilmente verificable, sen embargo, é que a materia entrando nun burato negro en rotación máxima debería ser ollada por derradeira vez en órbita case á velocidade da luz, ollada dende lonxe. Esa predicción foi verificada recentemente polos satélites NuSTAR da NASA e o XMM da ESA observando un burato negro supermasivo no centro da galaxia espiral NGC 1365. Esa velocidade ao límite do da luz foi confirmada medindo o calentamento e a liña espectral de emisións nucleares no interior do bordo que arrodea o disco de acreción. A imaxe de enriba é una ilustración artística representando un disco de acreción de materia normal xirando arredor dun burato negro, cun chorro emanando na parte superior. Dado que a materia que cae ao azar no burato negro non debería xirar tanto, as medidas do NuSTAR e do XMM validan tamén a existencia do  disco de acreción circundante.

Texto orixinal no APOD.