O volcán Sakurajima con lóstregos

O volcán Sakurajima con lóstregos
Créditos da imaxe e copyright: Martin Rietze (Alien Landscapes on Planet Earth)
Explicación: por que ás veces unha erupción volcánica crea lóstregos? Na imaxe de enriba, o volcán Sakurajima ao sur de Xapón captouse en plena erupción a primeiros de xaneiro. Burbullas de magma tan quentes que brillan ao saír disparadas coma unha rocha líquida que estoupa ao través da superficie da Terra desde debaixo. Porén, a imaxe superior é particularmente notable polos alustros capturados preto do cumio volcánico. Por que hai raios incluso nas tormentas comúns aínda é materia de investigación, e a causa dos lóstregos volcánicos está incluso menos clara. Seguramente, os alustros axudan a temperar áreas de cargas eléctricas opostas pero afastadas. Unha hipótese sontén que as burbullas catapultadas de plasma ou a cinza volcánica están cargadas electricamente e polo seu movemento crean esas áreas afastadas. Outros episodios de lóstregos volcánicos poden verse favorecidos polas colisións de cargas inducidas no po volcánico. Os lóstregos ocorren de xeito habitual en calquera lugar da Terra, de forma típica unhas 40 veces cada segundo.

Texto orixinal no APOD.