Panorámica da Vía Láctea desde Mauna Kea


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an alternate version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyrightWally Pacholka (TWAN)
Explicación: Aloha e benvidos a unha paisaxe celeste que deixa sen folgos. A imaxe panorámica onírica observa desde o cumio volcánico de Mauna Kea de 4.200 metros, Hawai’i, ao través dunha capa de nubes cara un ceo nocturno estrelecido e unha Vía Láctea alzándose. No extremo esquerdo, ancorando a escena, está a cúpula do Telescopio de Canadá-Francia-Hawaii (CFHT), coa estrela do norte Polaris brillando máis alá da cúpula á dereita. Máis lonxe á dereita, encabezado pola brillante estrela Deneb, o asterismo da Cruz do Norte está incrustado ao longo do plano da Vía Láctea mentres se albisca por riba do horizonte. Tanto a Cruz do Norte como a brillante e branca Vega cérnense sobre un grupo de conos de cinza en primeiro plano. Preto do centro están as nebulosas avermelladas, estrelas e nubes de po da Vía Láctea central. Por debaixo, a iluminación das luces da cidade de Hilo crea un brillo verdecente e inquietante nas nubes. A estrela vermella superxigante Antares brilla por riba do bulbo central da Vía Láctea mentres a brillante Alpha Centauri localízase máis afastada á dereite, ao longo do poeirento plano galáctico. Finalmente, no estremo dereito está o gran Observatorio Gemini Norte. O grupo compacto de estrela coñecido coma a Cruz do Sur está xusto á esquerda da cúpula do telescopio. Precisas de algo de axuda para identificar as estrelas? Só tes que mover o teu cursor sobre o cadro ou descargar esta panorámica con etiquetas, máis pequena.

Texto orixinal no APOD.

Unha reflexión sobre “Panorámica da Vía Láctea desde Mauna Kea

  1. Destas imaxes non apta para conexións lentas. E que, por desgraza, a nosa plantilla de WordPress se empeña en comprimir para que entre no ancho establecido (algún informático na sala?).

    A gozala!!

Os comentarios están pechados.