O PanSTARRS sobre o Parkes

CPanstarrsParkes_Sarkissian

Créditos da imaxe e copyright: John Sarkissian (CSIRO Parkes Observatory)

Explicación: nesta escena no solpor do 5 de marzo o cometa PanSTARRS (C/2011 L4) segue ao Sol sobre o horizonte de poniente mentres cruza axiña o ceo do sur. No primeiro plano atópase o radiotelescopio Parkes CSIRO, un plato dirixible de 64 metros de diámetro que non é alleo á exploración de cometas durante a era espacial. En marzo de 1986 o plato do Parkes fixo o seguemento da sonda Giotto da ESA mentres sobrevoaba o cometa Halley e recibiu as primeiras fotografías nunca tiradas de preto do núcleo do Halley. Visible a simple vista, o cometa PanSTARRS fixo o seu máximo acheegamento ao planeta Terra o 5 de marzo. A máxima aproximación ao Sol producirase o 10 de marzo. Actualmente o PanSTARRS diríxese ao norte e comeza una esperada aparición no ceo occidental. O 12 de marzo poderá ollarse o cometa cruzando o horizonte occidental preto dunha xove Lúa crecente.

Texto orixinal no APOD.