Mirando ao través de Abell 68

abell68_hubble900label

Créditos: NASAESAHubble Heritage/ESA-Hubble Collaboration – Agradecementos: Nick Rose

Explicación: queres usar un cúmulo de galaxias coma un telescopio? É máis sinxelo do que poderías pensar xa que os cúmulos de galaxias afastados actúan de xeito natural coma potentes lentes gravitacionais. De acordo coa teoría da relatividade xeral de Einstein, a masa do cúmulo gravitacional, dominado pola materia escura, dobra a luz e crea imaxes ampliadas e distorsionadas de galaxias aínda máis afastadas que están por detrás. Esta definida imaxe en infravermellos do Hubble ilustra o caso do cúmulo de galaxias Abell 68 coma un telescopio gravitacional, explorado polo astrónomo afeccionado Nick Rose durante a competición de procesado de fotografías Tesouros Agochados da ESA-Hubble. Colocando o teu cursor sobre a imaxe resáltanse as etiquetas da escena. As etiguetas 1 e 2 amosan dúas imaxes amplificadas da mesma galaxia do fondo. A imaxe distorsionada da galaxia etiquetada 2 parécese a un invasor espacial de época! A etiqueta 3 marca unha galaxia integrante do cúmulo que non está amplificada gravitacionalmente, despoxada do seu propio gas mentres se abre camiño polo denso medio intergaláctico. A etiqueta 4 inclúe moitas galaxias do fondo fotografadas coma raias alongadas e arcos. O propio Abell 68 está a uns 2,1 mil milóns de anos luz de distancia cara a constelación Vulpecula. A zona central do cúmulo cuberta na imaxe do Hubble abarca uns 1,2 millóns de anos luz.

Texto orixinal no APOD.

Unha reflexión sobre “Mirando ao través de Abell 68

  1. Buf… a última versión do WordPress está a dar problemas completamente tontos. Así que deixamos a versión da imaxe coas etiquetas fixa, para que se entenda o texto.

Os comentarios están pechados.