O Casco de Thor

O casco de Thor
Créditos da imaxe e copyrightMartin Rusterholz (CXIELO Observatory)

Explicación: esta nube cósmica con forma de casco con apéndices en forma de ás denomínase popularmente Casco de Thor. Dun tamaño heroico incluso para un deus nórdico, o Casco de Thor ten un diámetro duns 30 anos luz. De feito, realmente o casco é semellante a unha burbulla interestelar, inchada mentres un vento rápido desde a estrela masiva e brillante preto do centro da burbulla se propaga ao través dunha nube molecular que a rodea. A estrela central, coñecida coma unha estrela Wolf-Rayet, e unha xigante moi quente que se cre está nun breve estadio de evolución de pre-supernova. Catalogada coma NGC 2359, a nebulosa atópase a uns 15.000 anos luz de distancia na constelación de Canis Major. A definida imaxe, creada usando filtros de banda estreita e ancha, capta detalles abraiantes das estruturas filamentarias da nebulosa. Fachendea dunha cor azul-verdosa procedente da forte emisión debida aos átomos de osíxeno do gas brillante.

Texto orixinal no APOD.