IC 1805: a Nebulosa do Corazón

heart_hancock_2091

Créditos da imaxe e copyright: Terry Hancock

Explicación: extendéndose case 200 anos luz, a nebulosa de emisión IC 1805 é unha mixtura de gas interestelar e nubes escuras de poeira. Pola súa forma relacionada co día de San Valenin, o seu alcume é nebulosa do Corazón. Atópase a uns 7.500 anos luz no brazo espiral da nosa galaxia, as estrelas naceron en IC 1805. De feito, preto do centro deste corazón cósmico están as estrelas quentes e masivas dun cúmulo estelar coñecido como Melotte 15, duns xoves 1,5 millóns de anos. Con certa ironía, a nebulosa do Corazón atópase localizada na constelación da mítica raíña de Etiopía (Casiopea). Esta profunda panorámica da rexión ao redor da nebulosa do Corazón abrangue preto de dous graos no ceo, ou unhas catro veces o diámetro da Lúa chea.

Texto orixinal no APOD.