Rastros estelares sobre o Gran Canón

GrandCanyon-StarTrails1tafreshi

Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)

Explicación: velaquí na mañanciña o ceo dunha das maravillas naturais do planeta Terra, o Gran Canón, no suroeste dos Estados Unidos. A composición dixital revela as capas de rocha sedimentaria do canón baixo a luz da Lúa. As capas que se ollan teñen unha idade de 200 millóns e 2.000 millóns de anos: unha ventá á historia nunha escala xeolóxica de tempo. Un recente estudo atopou evidencia de que o canón mesmo tería sido esculpido pola erosión hai uns 70 millóns de anos. Cos cámara fixa no trípode mentres a Terra rota cada estrela debuxa un elegante arco sobre o ceo nocturno. Os arcos concéntricos están centrados no Polo Norte celeste, a prolongación do eixo de rotación da Terra cara ó espazo, que actualmente atópase preto da brillante estrela Polaris.

Texto orixinal no APOD.