Alborada sobre o río Mias

Ahmetvaleev_MG_7105-Panorama-1

Créditos da imaxe e copyright: Marat Ahmetvaleev

Explicación: Cada día do planeta Tierra pode ter un inicio tranquilo cando, na alborada, o brillo do ceo aumenta suavemente sobre o dourado horizonte do levante. Este panorama da alborada invernal do 15 de febreiro parece mostrar un momento así. No medio da brétema o río Mias calmado como un espello flúe sobre a paisaxe xeada preto de Chelyabinsk (Rusia). A nube alongada que flota no ceo azul, sen embargo, é o ronsel da evolución do meteorito de Chelyabinsk. A pegada de vapor foi deixada pola rocha espacial que estoupou sobre a cidade 18 minutos antes causando grandes daño e ferindo a máis de mil persoas. O caso foi ben documentado. Numerosas cámaras web e de vídeo da rexión contribuíron á reconstrucción da traxectoria do meteorito e da determinación da órbita. Os primeiros resultados indican que o meteoroide pai pertencía á clase Apolo de asteroides que cruzan a Terra.

Texto orixinal no APOD.