As cores de Mercurio

As cores de Mercurio
Créditos da imaxe: NASA / JHU Applied Physics Lab / Carnegie Inst. Washington

Explicación: as cores do planeta máis interno do sistema solar aparecen resaltadas nesta imaxe abraiante, baseada nos datos globais de imaxes procedentes da nave espacial MESSENGER que orbita Mercurio. Os ollos humanos non discernirían as claras diferenzas de cor aínda que son reais, indicando diferentes zonas químicas, mineralóxicas e dísicas por toda a superficie ateigada de cráteres. Na parte superior dereita destaca o rasgo máis grande de Mercurio, circular e de cor canela, a denominada bacía Caloris formouse polo impacto dun cometa ou asteroide durante os primeiros anos do sistema solar. A conca antiga viuse, de seguido, anegada con lava da actividade volcánica, de xeito análogo á formación dos maria unares. Os contrastes de cor tamén crean os raios dos cráteres azul claro e brancos, material que saíu despedido por impactos recentes, fáciles de seguir mentres se estenden ao través do azul escuro, terreo de baixa reflexión.
Texto orixinal no APOD.