Nubes asperatus sobre Nova Zelandia

Nubes asperatus sobre Nova Zelandia
Créditos da imaxe e copyright: Witta Priester

Explicación: que clase de nubes son estas? Aínda que a súa causa se descoñece nestes momentos, semellantes estruturas atmosféricas, tan ameazantes como podería parecer, non resultan ser heraldos dunha perdición meteorolóxica. Coñecidas de xeito informal coma nubes Undulatus asperatus, poden ser de aparencia impresionante, que ocorren raramente, relativamente sen estudiar e incluso ser suxeridas coma un novo tipo de nube. Mentres que a maioría das cubertas de nubes baixas son planas por debaixo, as nubes asperatus semellan ter unha estrutura vertical significativa na parte inferior. Por tanto especúlase con que as nubes asperatus poderían relacionarse coas nubes lenticulares que se forman preto das montañas, ou coas nubes mammatus asociadas ás tormentas, ou quizais cun vento foehn; unha clase de vento seco descendente que circula desde as montañas. Coma un vento denominado o Canterbury arch que flúe cara a costa leste da Illa Sur de Nova Zelandia. A fotografía superior, realizada sobre Hanmer Springs en Canterbury (Nova Zelandia) en 2005, amosa gran detalle debido en parte a que a luz solar ilumina desde un lateral.

Texto orixinal no APOD.