Lévame voando á Lúa

moonjupitermoons_gibbs_2000Créditos da imaxe e copyright: Greg Gibbs (Capturing the Night)

Explicación: ás veces a Lúa é un lugar moi entretido de observar. A semana pasada, por exemplo, a nosa Lúa pasaba fronte o planeta Xúpiter. Mentres se capturaba o inusual espectáculo dende Nova Gales do Sur, Australia, un astrofotógrafo de mente áxil decatouse de que un avión cercano podería mesmo pasar por diante da Lúa, e ben axiña preparou a súa cámara para tirar unha serie de disparos de curta duración. Tal e como se esperaba, e por uns intres, aquel avión, a Lúa e Xúpiter foron visibles todos nunha soa exposición, a que se amosa enriba. Pero o proxecto non se completou, polo que foi tirada unha longa exposición para coller tres das lúas xovianas: Ío, Calisto, e Europa (de esquerda a dereita). Desafortunadamente o triple espectáculo proto desapareceu. Menos dun segundo máis tarde, o avión alonxouse da Lúa. Uns segundos despois deso, a Lúa moveuse para cubrir todo Xúpiter. Uns minutos despois Xúpiter reapareceu pola outra cara da Lúa, e incluso uns minutos máis máis tarde a Lúa alonxouse completamente de Xúpiter. Se ben son difíciles de coller, os avións cruzan por diate da Lúa con moita frecuencia, pero a Lúa non vai eclipsar Xúpiter de novo nos vindeiros tres anos.

Desafío aos lectores: difícil:qué tipo de avión é? moi difícil: cal é o número de vóo?

Texto orixinal no APOD.