M51: a galaxia do remuíño entre poeira e estrelas

m51dust_hubble_1645Créditos da imaxe: N. Scoville (Caltech), T. Rector (U. Alaska, NOAO) et al., Hubble Heritage Team, NASA

Explicación: a galaxia do remuíño é unha galaxia en espiral típica. A soamente unha distancia de 30 millóns de anos luz, a M51, tamén coñecida como NGC 5194, é unha das máis brillantes e pintorescas galaxias do ceo. A imaxe de enriba é unha combinación dixital dunha imaxe tirada dende a terra polo telescopio de 0,9 metros do Kitt Peak National Observatory e dunha imaxe tirada dende o espazo polo telescipio espacial Hubble , destacando formas que normalmente son demasiado vermellas como para ser olladas. Calquera con uns bos prismáticos, sen embargo, pode ollar o Remuíño cara á constelación dos Cans de Caza (Canes Venatici). M51 é unha galaxia espiral do tipo Sc e é o membro dominante dun grupo enteiro de galaxias. Os ostrónomos especularn que a estrutura espiral da M51 débese principalmente á interacción gravitacional con galaxia máis pequena que hai xusto na parte superior da imaxe.

Texto orixinal no APOD.