O resplandor do meteoro de Chelyabinsk

Ahmetvaleev_MG_7083Image Credit & Copyright: Marat Ahmetvaleev

Explicación: O 15 de febreiro ás 9:20 hora local un meteoroide caíu na Terra e cruzou coma un raio uns 20 ou 30 kilómetros por enriba da ciudade de de Chelyabinsk (Rusia). Inicialmente desprazouse a uns 20 kilómetros por segundo . A explosiva desaceleración tras impactar coa atmósfera inferior produciu un resplandor máis brillante que oi Sol. Esta imaxe do resplandecente bólido (e outras do rastro remanente) foi captada polo fotógrafo Marat Ametvaleev, sorprendido durante a sesión fotográfica matinal da paisaxe xeada. Estímase que o estoupido da rocha espacial de 17 metros de ancho e unha masa de 7.000 a 10.000 toneladas liberou uns 500 kilotóns de enerxía . A magnitude do evento de Chelyabinsk é a máis grande coñecida dende o impacto de Tunguska de 1908. Hoxe en día crese que un suceso deste tipo ocurre en promedio unha vez cada 100 anos.

Texto orixinal no APOD.