Auto-retrato panorámico do Cusiosity

Auto-retrato panorámico do CuriosityCréditos da imaxe: NASAJPL-CaltechMSSS – Panorámica de Andrew Bodrov

Explicación: este estupendo auto-retrato do todoterreo marciano da NASA Cusiosity inclúe unha ampla vista panorámica da súa localización actual na rexión  da Badía Yellowknife do Cráter Gale no planeta vermello. O pousadoiro rochoso e chairo do todoterreo, alcumado “John Klein”, serviu coma o lugar para a primeira actividade de perforado de rocha do CuriosityAo pé da orgullosa mirada do todoterreo, un burato de proba dunha perforación pouco fonda e un burato para a toma de mostras teñen 1,6 centímetros de diámetro. O impresionante mosaico construíuse empregando fotogramas procedentes da cámara Mars Hand Lens Imager (MAHLI) do todoterreo e a Mastcam. Esta, usada para a toma de imaxes panorámicas da paisaxe, fica no alto por riba da plataforma do vehículo. Pero a MAHLI, pensada para traballar en primeiro plano, está montada na punta do brazo robótico do todoterreo. As imaxes da MAHLI que se empregaron para crear o auto-retrato do Curiosity exclúen seccións que amosan ao propio brazo, polo que a cámara MAHLI mailo brazo robótico non se ven. Bota unha ollada a esta espectacular versión interactiva da panorámica con auto-retrato do Curiosity.

Texto orixinal no APOD.