Tractor gravitatorio

Tractor gravitatorio
Créditos da ilustración e copyright: Dan Durda (FIAAAB612 Foundation)

Explicación: como cambiarías o curso dun asteroide que estivese a ameazar á Terra? Unha posibilidade, unha nave espacial masiva que emprega a gravidade coma un cable de guindastre, ilústrase nesta visión artística dun tractor gravitatorio en acción. Nun hipotético escenario proposto en 2005 por Edward Lu e Stanley Love no Johnson Space Center da NASA, unha sonda espacial de 20 toneladas e electricidade nuclear remolca un asteroide de 200 metros de diámetro simplemente merodeando preto del. Os propulsores iónicos da nave espacial están inclinados cara fóra da superficie. O seu impulso lixeiro pero constante alteraría de xeito gradual e predicible o curso remolcador e do asteroide, emparellados pola súa mutua atracción gravitatoria. Aínda que soa coma un produto da ciencia ficción, os motores iónicos impulsan xa sondas espaciais actuais. Unha avantaxe de empregar un tractor gravitatorio é que podería funcionar independentemente da estrutura do asteroide. Coa suficiente anticipación e tempo, un tractor gravitatorio podería desviar o camiño dun asteroide que se soubera está no curso de colisionar abondo para evitar o planeta Terra.

Texto orixinal no APOD.