O hexágono e os aneis de Saturno

Aneis e hexágono de SaturnoCréditos da imaxe: NASA/JPL-Caltech/Space Science Institute

Explicación: por que formarían un hexágono as nubes de Saturno? Ninguén está seguro. Descuberto orixinalmente durante os sobrevoos da Voyager sobre Saturno dos anos 1980, ninguén máis viu nunca algo similar no Sistema Solar. Se o polo sur de Saturno non fose abondo estraño co seu vórtice en rotación, o polo norte de Saturno podería considerarse aínda más estraño. O rarísimo deseño de nubes amósase máis enriba moi polo miúdo por unha imaxe recente realizada pola sonda espacial Cassini que está a orbitar Saturno. Esta imaxe e outras semellantes amosan a estabilidade do hexágono incluso máis de 20 anos despois da Voyager. As películas do polo norte de Saturno mostra a estrutura de nubes mantendo a súa estrutura hexagonal mentres rota. A diferencia das nubes individuais que semellan un hexágono na Terra, o diagrama de nubes de Saturno parece ter seis lados ben definidos de case a mesma lonxitude. Catro veces a Terra poderían encaixar no interior do hexágono. Fotografado desde un lateral, obsérvase como a sombra escura do planeta xoviano eclipsa parte do seu gran sistema de aneis, visibles parcialmente na parte superior dereita.

Texto orixinal no APOD.