O gran meteoro ruso de 2013

 

Créditos do vídeo e copyright: RussiaToday

Explicación: que raios é eso no ceo? Miles de persoas que viven preto dos montes Urais (en Rusia) ollaron o pasado venres pola mañán un dos máis espectaculares meteoros dos tempos modernos rachando o ceo. Fortes ondas sonoroas chegaron ao chan minutos despois, golpeando á xente e rompendo ventás en centos de kilómetros.  O vídeo de enriba é unha escolma de varias cámaras a bordo de vehículos e inclúe secuencias en tempo real da violencia do meteoro, ronseis de fume á deriva, sombras que cambian rápidamente ou incluso a luz do meteoro reflexándose na parte traseira dun autobús. Pénsase que a bola de fogo podería ter sido causada por un anaco de xeo e rocha que se estrelou na atmósfera terrestre, do tamaño dun coche. Dado que o evento foi capturado dende moitos ángulos, foi posible determinar a traxectoria do meteoro ben de abondo como para indicar de onde viu e en qué dirección caíron os trozos resultantes. Xa é seguro que este meteoro non ten nada que ver co asteroide 2012 DA12, varias veces máis grande, que pasou máis tarde pola Terra en dirección distinta e o mesmo día. Se se atopan pezas do meteoro poderían contar máis á humanidade acerca dos inicios do Sistema Solar, cando probablemente formouse o meteoro.

Texto orixinal no APOD.