O asteroide 2012 DA14 pasa pola Terra

Créditos do vídeo e copyright: Daniel López (El Cielo de Canarias)

Explicación: xa chegou! A pequena mancha que se olla no vídeo de enriba movéndose diante do fondo de estrelas é un asteroide potencialmente perigoso que pasa por enriba da atmósfera terrestre. O pasado venres o asteroide de 50 metros de ancho 2012 DA14 deixou a Terra despois de pasar non só por dentro da órbita da Lúa (inusualmente preto para un asteroide dese tamaño) senon incluso por dentro da órbita dos satélites xeoestacionarios. Desgrazadamente, os asteroides dese tamaño un máis grandes chocan coa Terra cada 1000 anos aproximadamente. Se 2012 DA14 chocara coa Terra podería ter devastado un territorio do tamaño dunha cidade, ou no caso de ter caído no mar podería ter producido un perigoso tsunami. Se ben a investigación e o seguimento de asteroides potencialmente perigosos é unha preocupación primordial da astronomía moderna os pequenos corpos de xeo e rocha soen polo xeral ser tan febles que soamente se atoparon ata o de agora unha pequena porcentaxe deles. Os anacos de xeo e rocha como os espectaculares meteoros que caíron sobre Russia e California nos últimos días (sen realción con este) son ainda máis difíciles de atopar, se ben son menos perigosos.

Texto orixinal no APOD.