Sombras ao través de Xúpiter

Sombras ao través de XúpiterCréditos da imaxe e copyrightDamian Peach

Explicación: dúas sombras escuras avecíñanse polas bandas e manchas das nubes altas de Xúpiter nesta definida imaxe telescópica. De feito, captada o 3 de xaneiro, aproximadamente un mes despois de que o reinante xigante gasoso aparecera en oposición no ceo do planeta Terra, a escena inclúe os proxectores das sombras. Están visibles cun detalle incrible, á esquerda, as grandes lúas galileanas Ganímedes (arriba) e Ío. Coas dúas sombras lunares aínda en tránsito, a rápida rotación de Xúpiter case levou á súa famosa Gran Mancha Vermella (GRS) ao redor do limbo do planeta desde a dereita. A tenue GRS foi precedida pola máis pequena, pero de tons semellantes, óvalo BA, alcumado Mancha Vermella jr., preto do alto da parte central. O norte está abaixo nesta imaxe invertida.

Texto orixinal no APOD.