Orión en infravermellos desde o WISE

A Nebulosa de Orión en infravermellosCréditos da imaxe: NASAJPL-CaltechUCLA

Explicación: a Gran Nebulosa de Orión é un lugar intrigante. Visible a simple vista, aparece coma unha pequena mancha borrosa na constelación de Orión. Pero esta imaxe, unha composición en falsa cor de catro cores de luz infravermella realizada co observatorio WISE que orbita á Terra, amosa que a Nebulosa de Orión é unha veciñanza a rebentar con estrelas recén formadas, gas quente e po escuro. A enerxía por tras de gran parte da Nebulosa de Orión (M42) está nas estrelas do cúmulo estelar do Trapecio, que se olla preto do centro do amplo campo da imaxe superior. O inquietante brillo verde que rodea as estrelas brillantes fotografadas aquí é o seu propio brillo estelar reflectido polos enguedellados filamentos de po que cobren gran parte da rexión. O actual complexo de nubes da Nebulosa de Orión, que inclúe á Nebulosa da Cabeza de Cabalo, lentamente espallarase durante os vindeiros 100.000 anos.

Texto orixinal no APOD.