N11: nubes estelares do LMC

ngc1763_lake_1600

Créditos da imaxe: NASA, ESA, J. Lake (Pomfret School)

Explicación: estrelas masivas, ventos abrasadores e montañas de poeiraluz enerxética esculpen unha das espectaculares rexións de formación estelar no Grupo Local de Galaxias. Coñecida como N11, a rexión é visible enriba á dereita de moitas imaxes da súa galaxia fogar, a veciña da Vía Láctea coñecida como Gran Nube de Magallanes (LMC). A imaxe de enriba foi tirada con propósitos científicos polo Telescopio Espacial Hubble e reprocesada artisticamente por un aficionado para gañar o certame do Hubble’s Hidden Treasures [Tesouros Ocultos do Hubble]. Ainda que a sección representada enriba é coñecida como NGC 1763, a nebulosa de emisión N11 é a segunda en tamaño despois de 30 Doradus. Estudando as estrelas en N11 mostrouse que en realidade contén tres xeracións sucesivas de estrelas en formación. Tamén son visibles na imaxe compactos glóbulos de po escuro albergando xoves estrelas en formación.

Texto orixinal no APOD.