NGC 6822: galaxia de Barnard

Galaxia de BarnardCréditos da imaxe e copyrightStephen LeshinColaboración: Deidre Hunter and LARI

Explicación: as grandes galaxias espirais a miúdo parecen levar toda a gloria, fachendeando dos seus cúmulos estelares azuis, brillantes e novos, así como dos seus fermosos e simétricos brazos espirais. Pero as galaxias pequenas tamén forman estrelas, como a achegada NGC 6822, denominada ademais coma galaxia de Barnard. Máis alá dos ricos campos estelares da constelación Sagittarius, NGC 6822 está a tan só 1,5 millóns de anos luz de distancia, sendo un membro do noso Grupo Local de galaxias. Cuns 7.000 anos luz de diámetro, a galaxia anana irregular obsérvase que está chea de estrelas novas e azuis e moteada co revelador brillo rosado do hidróxeno das rexións de formación estelar nesta fonda imaxe composta en cor. Este retrato dunha galaxia pequena, contribución á ciencia do LITTLE THINGS (N.T.: literalmente, “cousas pequenas”, ver primer comentario), realizouse coma parte da Lowell Amateur Research Initiative (LARI ou Iniciativa Afeccionada de Investigación Lowell), que agradece as colaboracións dos astrónomos afeccionados.

Texto orixinal no APOD.