LL Ori e a nebulosa de Orión

LLOri_hubble_4806

Image Credit: NASA, ESA, and The Hubble Heritage Team

Explicación: este estético primeiro plano de nubes cósmicas e de ventos estelares mostra LL Orionis interactuando co fluxo da nebulosa de Orión. A estrela variable LL Orionis, á deriva no viveiro estelar de Orión e, ademáis, nos anos da súa formación, produce un vento máis enerxético que o vento procedente do noso Sol, de mediana idade. A medida que o veloz vento estelar móvese cara ao lento gas fórmase unha fronte de choque semellante á onda de proa dun barco que se move ao través da auga ou dun avión que viaxa a velocidade supersónica. A estrutura arqueada e elegante que hai xusto por enriba e á esquerda do centro representa o choque da proa cósmica de LL Ori que ten aproximadamente medio ano luz de diámetro. O gas máis lento flúe lonxe do Trapecio , o quente cúmulo estelar central da nebulosa de Orión situado preto da esquina superior esquerda da imaxe. En tres dimensións, a envoltura da fronte de choque de LL Ori ten unha forma de cunca que semella máis brillante cando se olla ao longo do bordo da base. Esta fermosa imaxe é parte dunha gran composición visual da complexa gardería estelar de Orión, rechea dunha miríada de formas fluidas asociadas coa formación estelar.

Texto orixinal no APOD.