A Andrómeda de Herschel

PIA16682HerschelAnd

Créditos da imaxe: ESA/Herschel/PACS & SPIRE Consortium, O. Krause, HSC, H. Linz

Explicación: esta visión infravermella procedente do Herschel Space Observatory explora a galaxia de Andrómeda, a máis cercana gran galaxia espiral á nosa Vía Láctea. A soamente 2,5 millóns de anos luz de sitancia, o coñecido universo illa é tamén coñecido polos astrónomos como M31. Andrómeda abrangue máis de 200.000 anos luz, o que a fai más de dúas veces o tamaño da Vía Láctea. Monstrada aquí en falsa cor, os datos das imaxes revelan as franxas de poeira fría e as nubes que aínda brillan en infravermello, pero que son, pola contra, opacas a lonxitudes de onda visibles. Os tons vermellos preto das aforas da galaxia representan o brillo do po quentado pola luz estelar a unhas poucas decenas de graos sobre o cero absoluto. As cores azúis correspóndense co po máis qiecido quentado polas estrelas do núcleo central, máis concorrido. Sendo un trazador de gas molecular, o po pon en evidencia a prodixiosa reserva de materia prima para a futura formación estelar.

Texto orixinal no APOD.