Atlas V lanza o TDRS-K

Lanzamento de satélite de comunicacións
Créditos da imaxe e copyrightBen Cooper (Launch Photography)

Explicación: máis alá dun fértil campo de antenas de comunicación de satélites no Centro Espacial Kennedy, un foguete Atlas V pasa a toda velocidade cara a órbita neste fotografía de longa exposición. Na imaxe composta de xeito moi meditado, tirada no serán do 30 de xaneiro, as antenas do primeiro plano lembran á adega do foguete, un Tracking and Data Relay Satellite ou Satélite de Transmisión de Datos e Seguemento (TDRS; soa en inlés coma TEE-dress, facendo un xogo de palabras intraducible ao galego). Este TDRS-K é o primeiro dunha serie da próxima xeración da constelación de satélites de comunicacións da NASA. Funcionando desde a órbita xeosíncrona a 22.300 millas (36.000 quilómetros) sobre o planeta Terra, a rede de satélites TDRS transmite comunicacións, datos e comandos entre as sondas espaciais e as estacións terrestres. Anteriormente a rede TDRS proporcionou comunicacións para as misións do transbordador espacial. De feito, moitos satélites TDRS transportáronse tan lonxe coma a órbita baixa da Terra dos transbordadores espaciais. A rede TDRS segue a respaldar ás principais sondas espaciais coma a Estación Espacial Internacional, o Telescopio Espacial Hubble e o Telescopio Espacial de Raios Gamma Fermi.

Texto orixinal no APOD.