Lúa de neve para un planeta nevado

Lúa de neve dun planeta nevado

Créditos da imaxe e copyright: Göran Strand

Explicación: os alarmantemente altos habitantes deste pequeno planeta nevado proxectan longas sombras baixo o brillante luar. Naturalmente, o planeta nevado é en realidade o planeta Terra e o mosaico en gran angular, amosado coma unha proxección de planeta pequeno, captouse o 25 de febreiro durante a longa noite setentrional da Lúa chea de neve. A segunda almenara celeste máis brillante é Xúpiter, á dereita por riba do horizonte do pequeno planeta. As luces do achegado Östersund (Suecia) brillan ao longo do horizonte, arrodeando o lago Storsjön cuberto de neve. O fotógrafo informa que na viaxe polo lago xeado con trineo para captar a evocativa escena da Lúa chea de neve viuse acompañado por sonidos do xeo, frío polar e unha brétema luar.

Texto orixinal no APOD.