Siluetas na Lúa chea

Créditos do vídeo e copyright: Mark GeeMúsica: Tenderness (Dan Phillipson)Explicación: algunha vez viches amencer á Lúa? O lento amencer dunha Lúa case chea sobre un horizonte claro pode ser unha visión impresionante. Un impresionante mencer lunar foi fotografado hai dúas noites sobre o miradoiro do Monte Victoria en Wellington (Nova Celandia). Cun plan moi polo miúdo, un astrofotógrafo dilixente colocou unha cámara a uns dous quilómetros de distancia e apuntou ao través do miradoiro onde a Lúa de seguro axiña estaría facendo o seu debut desta noite. A secuencia superior de disparos únicos está sen editar e preséntase en tempo real; non é un vídeo secuencia ou time lapse. A xente no miradoiro do Monte Victoria poden verse a si mesmos en silueta admirando a aparición do satélite máis grande da Terra. Ollar o propio amencer luar non é difícil: acontece cada día, aínda que só a metade das veces de noite. Cada día a Lúa amence uns cincuenta minutos máis tarde có día previo, cunha Lúa chea saíndo sempre no solpor.

Texto orixinal no APOD.