Apollo 16: conducir na Lúa

Créditos do vídeo: NASA

Explicación: como sería conducir na Lúa? Non tes que adiviñalo; realmente os humanos xa o fixeron. Fotografados enriba, os astronautas do Apollo 16John Young e Charles Duke, gravaron vídeo durante unha desas conducións en 1972, coa versión dixital dispoñible agora na rede. Non importe a que dirección apuntes, o Todoterreo Lunar viaxou por un camiño literalmente cuberto de rochas e cráteres. A primeira media hora do vídeo superior amosa ao vehículo pasar a fume de carozo por unha paisaxe lunar a case 10 quilómetros por hora, mentres a segunda metade amosa unha imaxe similar á dunha cámara a bordo (dash-cam). O Todoterreo Lunar empregouse nas últimas misións Apollo coma un xeito para que os astronautas chegaran a explorar terreo máis afastado desde o campamento base do Módulo Lunar do que podían camiñando cos pesados traxes espaciais. É posible que as misións lunares do futuro poidan empegar todoterreos robóticos capaces de transmitir vídeos semellantes, incluídos os de  ChinaRussiaIndia, e dos competidores do Google X-Prize.

Texto orixinal no APOD.