O centro da nebulosa Trífida

trifid_gendler_2400

Créditos da imaxe: Subaru Telescope (NAOJ), Hubble Space Telescope, Martin Pugh; Procesado: Robert Gendler

Explicación: as nubes de gas resplandecente mixtúranse con franxas de poeira na nebulosa Trífida, unha rexión de formación estelar na constelación do Arqueiro (Sagittarius). No centro xúntanse tres prominentes carreiros de poeira que dan á nebulosa Trífida o seu nome. Á dereita aparecen montañas de poeira opaca mentres que por toda a nebulosa óllanse outros filamentos de po escuro. Unha estrela masiva e solitaria visible preto do centro é a que causa boa parte do resplandor de Trífide. Trífide, tamén coñecida como M20, ten soamente 300.000 anos, facendo dela a máis xove nebulosa de emisión coñecida. A nebulosa queda a 9.000 anos luz de distancia, e a parte fotografada aqui abrangue preto de 10 anos luz. A imaxe de enriba é unha composición a partir da luminancia tirada da imaxe do Subaru Telescope, de 8,2 metros, e os detalles proporcionados polo Hubble Space Telescope en órbita, de 2,4 metros. Os datos en cores foron proporcionados por Martin Pugh e a ensamblaxe e procesado da imaxe son de Robert Gendler.

Texto orixinal no APOD.