O cometa McNaught sobre Chile

mcnaught_guisard_881

Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard

Explicación: a cometa McNaught de 2007 foi, ata o de agora, o cometa máis fotoxénico do noso tempo. Despois de ofrecer un bo espectáculo no hemisferio norte a principios de xaneiro de 2007, o cometa moveuse ao sur  e desenvolveu unha longa e insólita cola de poeira que deslumbrou aos observadores do hemisferio sur. Nesta imaxe, o cometa McNaught foi fotografado sobre Santiago, Chile. O cometa domina a esquerda mentres que parte da magnífica cola que se espalla por todo o encadre. Desde este ventaxoso punto de vista na cordillera dos Andes, a un lado atópase o cometa McNaught e un magnificente ceo, ao o outro a Lúa crecente e abaixo nas nubes de calima atmosférica e as luces da cidade. O ano en curso, 2013, promete ser mellor aínda que 2007. A principios de marzo o cometa PANSTARRS estará en camiño de converterse en visible a simple vista, mentres que a finais de ano o cometa ISON mostra que é posible que desenvolva unha cola que se espalle ao traverso do ceo, rompéndose, e incluso converténdose nun dos máis brillantes cometas do que garda rexistro a historia.

Texto orixinal no APOD.