Paraselene en Alaska

moondog_saarloos

Créditos da imaxe e copyright: Sebastian Saarloos

Explicación: o luar alumea unha escena nocturna nesta a terra nevada e a paisaxe celeste o 17 de xaneiro no Lower Miller Creek, Alaska, Estados Unidos. A sobreexposición preto do montañoso horizonte occidental é a mesma Lúa chea en cuarto crecente, arrodeada por un halo xeado e flanqueada á dereita e á esquerda por uns ‘moondogs‘. Chamadas ás veces lúas simuladas, o nome específico para estas apariciones luminosas é paraselenae (en plural). Análogo a un sundog ou parhelio, un paraselene é producido polo luar refractado ao través de delgados cristais hexagonais de xeo en forma de placa nas nubes altas en forma de cirro. Segundo o determinado pola xeometría do cristal, os paraselenae óllanse nun ángulo de 22 graos ou máis respecto da Lúa. En comparación co brillante disco luar, os paraselenae son febles e doados de ollar cando a Lúa está baixa.

Texto orixinal no APOD.