Panorámica do outeiro Matijevic

Panorámica do outeiro MatijevicCréditos da imaxe: NASA/JPL-Caltech/Cornell/Arizona State U.Explicación: o 25 de xaneiro (TU) de 2004, o todoterreo Opportunity caeu en Marte, cumpríndose hoxe o 9º aniversario da súa aterraxe. Despois de máis de 3.200 soles (días solares marcianos) o robot terrestre do tamaño dun coche eléctrico de golf aínda está a explorar activamente o Planeta Vermello, anque o plan da súa misión orixinal era por tres meses. Despois de ter conducido xa uns 35 quilómetros (22 millas) desde o seu lugar de aterraxe, a cámara panorámica gravou os segmentos desta escena en novembro e decembro do ano pasado. A panorámica dixitalmente unida abarca máis que os 210 graos de diámetro da área de Hatijevic Hill, ao longo da beira occidental do cráter Endeavour. Os rasgos denominados cantil Copper, un afloramento escuro, aparecen á esquerda, e o lago Whitewater, un afloramento brillante, no extremo dereito. A imaxe preséntase aquí en cor natural nunha aproximación a como a escena se aparecería aos ollos humanos.

Texto orixinal no APOD.