A ISS e a Vía Láctea do verán

ISSMW_argerichMG_5234_16h900
Créditos da imaxe e copyright: Luis ArgerichExplanation: as nubes dunha noite de verán enmarcan esta paisaxe celeste e mariñán, tomada a primeiros deste mes preto de Bos Aires, Arxentina. Pero as nubes do planeta Terra non son as únicas nubes da escena. Nebulosas e nubes estelares ao longo da Vía Láctea do hemisferio meridional forman un arco sobre o horizonte, incluíndo o escuro Saco de Carbón preto da Cruz do Sur e o abraiante brillo rosado da Nebulosa Carina. Tanto a Gran (enriba no centro) como a Pequena Nube de Magallanes tamén aparecen na imaxe, pequenas galaxias por dereito propios e satélites da Vía Láctea que están ata a 200.000 anos luz de distancia. Canopus, estrela alfa da constelación Carina e a segunda estrela máis brillante na noite terrestre, brilla arriba a uns 300 anos luz de distancia. Still glinting in sunlight at an altitude of 400 kilometers, A International Space Station (ISS ou Estación Espacial Internacional), tremelucindo aínda na luz solar a unha altitude de 400 quilómetros, marca unha raia longa ao través da única exposición de 5 minutos, con seguemento estelar.

Texto orixinal no APOD.