A achegada galaxia espiral NGC 4945

A achegada galaxia espiral NGC 4945
Créditos da imaxe e copyright: SSRO-South (J. Harvey, S. Mazlin, D. Verschatse, J. Joaquín Pérez)Explicación: a gran galaxia espiral NGC 4945 asoma en vista frontal preto do centro deste retrato galáctico cósmico. De feito, NGC 4945 ten case o tamaño da nosa Galaxia Vía Láctea. O seu propio disco poeirento, os cúmulos de estrelas novas e azuis, e as rexións rosas de formación estelar sobresaen nesta imaxe telescópica, definida e chea de cor. A uns 13 millóns de anos luz de distancia, cara a ampla constelación meridional Centaurus, NGC 4945 está só seis veces máis afastada cá Andrómeda, a gran galaxia espiral máis achegada á Vía Láctea. Aínda que o núcleo da galaxia está moi agochado das imaxes en visual, as observacións en infravermellos e raios X apuntan a unha emisión de gran enerxía significativa e formación estelar no núcleo de NGC 4945. Aínda que escuro, o seu núcleo activo clasifica ao precioso universo illa coma unha galaxia Seyfert e probablemnete albergue un burato negro supermasivo central.

Texto orixinal no APOD.