O muro do Cisne da formación estelar

O muro de Cisne que forma estrelasCréditos e copyright: Nick PavelchakExplicación: nebulosa Norteamérica do ceo pode facer o que o continente Norteamérica da Tera non pode; formar estrelas. De xeito máis específico, en analoxía co continente confinado na Terra, a parte brillante que parece coma América Central e México realmente é un leito quente de gas, po e estrelas recentemente formadas coñecido coma o Muro do Cisne. A imaxe superior amosa o muro de formación estelar alumeado e erosionado por estrelas novas e brillantes, parcialmente agochadas polo po escuro que crearon. A parte da nebulosa Norteamérica (NGC 7000) amosada abarca uns 15 anos luz e atópase a uns 1.500 anos luz de distancia cara a constelación do Cisne (Cygnus).

Texto orixinal no APOD.