O mecanismo de Anticitera

OLYMPUS DIGITAL CAMERACrédito e licencia: Wikipedia

Explicación: Qué é isto? Foi atopado no fondo do mar nun antigo barco grego. A súa aparente complexidade provocou décadas de estudo, ainda que descoñócense algunhas das súas funcións. As imaxes de Raios-X do dispositivo confirmaron a natureza do mecanismo de Anticitera e descubriron varias funcións sorprendentes. Descubriuse que o mecanismo de Anticitera era un computador mecánico que, pensábase, era imposible no ano 80 a. de C., cando o barco afundiu. Farían falta outros 1.000 anos para que tan sofisticada tecnoloxía fora desenvolvida pola humanidade. As súas rodas e engranaxes configuran un planetario portátil do ceo que predice a localización de estrelas e planetas así como as eclipses eclipses solares e lunares.mecanismo de Anticitera, mostrado enriba, ten 33 centímetros de alto, e é polo tanto de tamaño semellante a un libro grande.

Texto orixinal no APOD.