Barnard fítanos en NGC 2170

NGC2170Barnard_Davis900

Créditos da imaxe e copyright: John Davis

Explicación: este mosaico telescópico, unha ollada á paisaxe cósmica, mostra a contínua beleza das cousas. Esta evocativa escena abrangue 6 graos, ou 12 lúas cheas no ceo do planeta Terra.. Á esquerda, os pliegues de gas vermello e brillante son unha pequena parte dun arco inmenso de 300 anos luz de ancho. Coñecido como Bucle de Barnard, a estrutura é demasiado feble como para ser ollada a simple vista, formada por explosións de supernovas e ventos procedentes de estrelas supermasivas e a luz dos átmos de hidróxeno. O Bucle de Barnard queda a uns 1.500 anos luz de distancia, máis ou menos centrada na Gran Nebulosa de Orión, una gardería estalar ao longo do bordo das nubes molaculares de Orión. Pero máis aló hai outros fértiles campos de estrelas no plano da nosa galaxia Vía Láctea. Á dereita a composición de longa exposición mostra NGC 2170, un complexo poeirento de nebulosas preto dunha nube molecular veciña, a uns 2.400 anos luz de distancia.

Texto orixinal no APOD.