NGC 1309: galaxia espiral e amigos

Créditos da imaxe: Hubble Legacy ArchiveESANASAProcesado: Martin Pugh
Explicación: NGC 1309, unha espectacular galaxia espiral a uns 100 millóns de anos luz de distancia, atópase nas beiras da constelación do Río (Eridanus). NGC 1309 abarca uns 30.000 anos luz, facendo que teña un terzo do tamaño da nosa galaxia Vía Láctea, máis grande. Óllase coma os cúmulos azulados de estrelas novas e corredores de po perfilan os brazos espirais de NGC 1309 mentres se enrolan ao redor dunha poboación de estrelas amareledas e máis vellas do seu núcleo. Non se trata só doutra galaxia espiral fermosa vista de fronte; as observacións da recente supernova de NGC 1309 e as estrelas variables cefeidas contribúen á calibración da expansión do Universo. É máis, despois de te sobrepoñer do gran deseño desta preciosa galaxia, comproba o conxunto de galaxias máis afastadas no fondo tamén captadas na imaxe do Telescopio Espacial Hubble de enriba, reprocesada e definida.

Texto orixinal no APOD.