Un ballet solar

Créditos do vídeo: NASA/Goddard/SDO AIA Team
Explicación: ás veces, o propio Sol parece danzar. Precisamente este pasado Ano Vello, por exemplo, a nave espacial da NASA Solar Dynamic Observatory (Observatorio de Dinámica Solar) que orbita ao Sol fotografou unha impresionante prominencia entrando en erupción desde a superficie do Sol. A espectacular explosión foi captada en luz ultravioleta no vídeo secuencia superior que cobre catro horas. De particular interese é o campo magnético ensarillado que dirixe un tipo de ballet solar para o plasma quente mentres cae de novo cara o Sol. A escala da prominencia en desintegración é enorme; toda a Terra cabería facilmente baixo a cortina de fluxo de gas quente. Unha prominencia tipicamente inactiva dura máis ou menos un mes, e pode entrar en erupción nunha Coronal Mass Ejection (Exección de Masa Coronal ou CME) expulsando gas quente ao interior do Sistema Solar. O mecanismo enerxético que crea unha prominencia solar aínda está a ser tema de investigación. Mentres o Sol se achega ao máximo solar este ano, a actividade solar coma as prominencias en erupción deberían ser comúns.

Texto orixinal no APOD.