NGC 2170: un bodegón celeste

Créditos da imaxe e copyright: Ignacio Diaz Bobillo

Explicación: nesta natureza morta celeste pintada cun pincel cósmico, a poeirenta nebulosa NGC 2170 resplandece á esquerda do centro da imaxe. Reflexando a luz das estrelas quentes cercanas, NGC 2170 xúntase a outras nebulosas de reflexión azuladas, unha rexión de emisión vermella, moitas nebulosas de absorción escuras e un fondo de estrelas de cores. Tal e como os pintores de bodegóns escollen obxectos da casa para os seus temas, estas nubes de gas, poeira e estrelas quentes atópanse de xeito habitual neste escenario, unha enorme nube molecular de formación estelar na costelación de Monoceros. A nube molecular xigante, Mon R2, atópase impresionantemente cerca, estímase que a soamente 2.400 anos luz, máis ou menos. A esa distancia, este lenzo podería ter máis de 40 anos luz de diámetro.

Texto orixinal no APOD.