NGC 602 e máis alá

Créditos da imaxe: NASA, ESA, e o equipo da Hubble Heritage (STScI/AURA) – ESA/Hubble Collaboration

Explicación: preto da periferia da Pequena Nube de Magallanes (unha galaxia satélite a uns 200 mil anos luz de distancia) está NGC 602, un xoven cúmulo estelar duns 5 millóns de anos. Nesta impresionante imaxe do Hubble da rexión, e arrodeada de poeira e gas orixinario, móstrase NGC 602. As fantásticas crestas e as formas alongadas suxiren con forza que a radiación enerxética e as ondas de choque procedentes das masivas estrelas máis xoves de NGC 602 erosionaron o material poeirento e desataron o proceso de formación das estrelas que se alonxan do centro do cúmulo. Á distancia estimada da Pequena Nube de Magallanes, a imaxe abrangue 200 anos luz, se ben no fondo é visible tamén, na detallada imaxe do Hubble, unha seductora variedade de galaxias. As galaxias do fondo atópanse a centenares de millóns de anos luz, ou máis, de NGC 602.

Texto orixinal no APOD.