Dez mil millóns de terras

Créditos da ilustración: NASA / Ames / JPL-Caltech

Explicación: son comúns os planetas do tamaño da Terra? Pois son bastante comúns, de acordo coas extrapolacións procedentes dos novos datos tomados pola sonda espacial Kepler da NASA. Os actuais modelos computarizados indican que unha da cada dez estrelas é orbitada por un planeta do tamaño da Terra, facendo da nosa Vía Láctea o fogar de máis de dez mil millóns de terras. Desafortunadamente, esta estimación aplícase a planetas dentro da órbita de Mercurio, ofrecendo esas terras quentes unha pobres oportunidades de vacacións para os humanos. Este histograma representa a fracción estimada de estrelas que son orbitadas de preto por planetas de diversos tamaños. O números de estrelas como o Sol con planetas como a Terra en órbitas semellantes á terrestre é seguramente moito máis pequeno, pero aínda así Kepler anunciou o descubrimento de catro máis coma eles.

Texto orixinal no APOD.