Cúmulo de galaxias Fornax

Créditos da imaxe e copyright: Marco Lorenzi

Explicación: como se forman e evolucionan os cúmulos de galaxias? Para axudar a averigualo os astrónomos continúan a estudiar o segundo cúmulo de galaxias máis achegado á Terra; o cúmulo Fornax, denominado pola constelación na que se atopan a maioría das súas galaxias. Aínda que case 20 veces máis afastada cá nosa galaxia veciña AndrómedaFornax está só un 10 por cento máis lonxe có mellor coñecido e máis poboado cúmulo Virgo de galaxias. Fornax ten unha rexión central ben definida que contén moitas galaxias, pero aínda está a evolucionar. Ten outras agrupacións de galaxias que parecen nítidas e aínda teñen que se fusionar. Tal e como se ve aquí, case cada mancha amarelenta da imaxe é unha galaxia elíptica do cúmulo Fornax. A pintoresca galaxia espiral barrada NGC 1365, visible no extremo inferior dereito, tamén é un membro destacado do cúmulo Fornax.

Texto orixinal no APOD.