As balas de Orión

Créditos da imaxe: GeMS/GSAOI Team, Gemini Observatory, AURA
Procesado: Rodrigo Carrasco (Gemini Obs.), Travis Rector (Univ. Alaska Anchorage)
Explanation: balas cósmicas perforan os arrabaldes da Nebulosa de Orión a uns 1.500 anos luz de distancia neste definido primeiro plano en infravervemellos. Atordoadas pola potente e masiva formación estelar as balas, nubes de gas quente relativamente densas, dunhas dez veces o tamaño da órbita de Plutón, son azuis nesta imaxe de falsa cor. Brillando coa luz dos átomos de ferro ionizados, co seu avance trazado polos rastros amarelentos do gas nebular quentado polo choque, viaxan a velocidade de centenares de quilómetros por segundo. Os ronseis cónicos acadan ata un quinto de ano luz de lonxitude. A detallada imaxe creouse usando o telescopio Gemini South de 8,1 metros en Chile, cun sistema de óptica adaptiva (GeMS) que acaba de entrar en servizo. O GeMS emprega cinco estrelas guía xeradas por láser para axudar a compensar os efectos distorsionadores da atmosfera do planeta Terra, conseguindo un campo de visión maior que a xeración anterior de óptica adaptativa.

O mellor do APOD 2012: descarga de balde o Calendario APOD 2013

Texto orixinal no APOD.

2 reflexións sobre “As balas de Orión

    • Si? Pode ser.
      Ás veces é complicado atopar o ton do texto orixinal, xa que non somos tradutores profesionais. No último ano no APOD contan cun bolseiro, cuns textos máis sinxelos cada vez que se encarga. Pero dos dous creadores da web, hai un que ten tendencia aos xiros, as palabras cultas e os epítetos que, cada vez que toca traducilo, hai que suar tinta.

      É certo que no orixinal tenden a amorear moitos adxetivos que, ás veces, é complicado buscarlle un lugar para que en galego non soe raro.

      Graciñas!

Os comentarios están pechados.